Estos días ando moi liado, e nin teño tempo de escribir, nin o peor de todo… de ler!
Así que ando un pouco desfasado en canto ás anotacións, os correos, as páxinas, …a miña distración persoal…
Pero como estamos preto do nadal e por se hai alguén que pretenda facer(se) un agasallo cómodo, e barato, nada mellor que unha memoria portatil.
Andar de aló para acó con discos duros, cds, ou discos de 3½ penso que vai tornarse en extinción.
Hoxe en día os minúsculos pendrives (memorias usb, ou como queiras chamarlles) a min particularmente estame a solucionar bastante a vida. Xa non só pola comodidade de levar os meus arquivos dun lado para outro. Senón a posibilidade de ter o meu propio ordenador, en calquera parte.
Estes días comentaba o de facer un sistema arrincable dende un dispositivo destes con catux-usb. Tamén Victor Alonso, preparou un tutorial para facer o mesmo cunha knoppix, co cal xa temos algo máis que un sistema total…
Pero se queres seguir usando o sistema de outra persoa, podes facer uso dos fantásticos firefox e thunderbird portátil! Unha versión para usar nun pendrive e que aforra escrituras no mesmo.
Milagroso!