…acostumamos a facer cousas, que de maiores cambiamos radicalmente.
Pensaba o outro día, que de pequenos sempre tomamos chicles de fresa, e rexeitamos compulsivamente os chicles de menta ou calquera outro sabor máis agresivo. Tamén disfrutamos co noso reloxio novo dixital, por suposto, porque os analóxicos, os de agulla vamos!, non hai quen os entenda. Sobre a alimentación, disfrutamos de maiores cun bo pescado ou verdura (tamén a prescrición médica inflúe) cousa que de pequeno vénsenos ós ollos nada máis percibila. E tamén os hábitos hixiénicos cambian, sustituimos o baño quentiño e de xogo, pola ducha rápida e revitalizante.
Supoño que podería seguir con moitas máis cousas… pero só pretendía reflexionar un pouco coas cousas que de pequenos nos parecen obvias e tomamos coma lei de vida, para cambialas a medida que imos medrando…
E todo isto, xunto coas normas non escritas do parchís do outro día, para ver que, no fondo, as leises escritas con tempo, e que cada un adapta ós seus propios intereses, non estaría mal de todo, botarlles un novo vistazo e adaptalas á vida de adulto.
A constitución, anda polo medio…