Polo cambio de horario deles, e polo cambio de horario meu, ó final produciuse un desencontro con Zapping, un programa de Antón Lezcano e Txuri Ferrer en RadioVoz. Pero iso foi o curso pasado, este ano volven ó horario usual de 20:00 a 21:00, e por fin os reencontro e podo disfrutar deles, sen problemas.
Estes preas, son un par de tolos… do máis normal do mundo, coma ti ou coma min, que se fixan nas cousas pequenas e as fan grandes… e ademáis de rirse de sí mesmos, consiguen facer riso de case todo. Non estaría mal que estoitásedes algún programa deles algún día.
A todo isto, que o señor Antón é a mente pensante de Nicetrip, unha tenda de camisetas que poucos coñecerán, pero que ideou a imaxe da bandeira galega coa vaca…