Arquivos de Decembro, 2004
ás 14:21
Promesas…
…para o novo ano…
…converter as segundas formas de singular dos verbos, en primeira do plural…
…cambiar de lista, nalgunhas estatístics deste pais…
…tentar non ser nota a pé de páxina, e/ou epílogo…
…escoller de que lado quero que caian as moedas…
…pasar máis tempo dentro da auga que fora…
…e asistir á quedada do blogmillo do vindeiro domingo, apúntaste?
…feliz ano!
- Etiquetags:
ás 14:55
Outras polas…
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
...as matemáticas son como a vida, porque ó final na vida non hai respostas sinxelas.

Teño predilección polos libros de divulgación matemática. Non os típicos con xogos e acertixos, senón as novelas normais, nas que se toca dalgún xeito este tema.
De feito teño unha mini-biblioteca temática. Se a alguén lle interesa o tema recoméndolle…
Lee a Julio Verne de Susana Mataix
El tío Petros y la conjetura de Goldbach de Apostolos Doxiadis
Los crímenes de Oxford de Guillermo Martínez
El teorema del loro de Denis Guedj
El enigma de Fermat de Simon Singh
El matemático del rey de Juan Carlos Arce
El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon
- Etiquetags:
ás 14:16
Ovos de pascua
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Algúns programadores simpáticos, esconden nos programas que elaboran, pequenos engadidos en forma de videos, xogos, animacións… que reciben o nome de ovos de pascua. Easter eggs, na lingua de Shakespeare.
Pois resulta que os amigos que traduciron o fantástico firefox ó xaponés, que se pode descargar dende aquí, fixeron unha pequena broma moi simpática.
Só tes que descargar o programa, e na barra de enderezos, escribir:
kill://internet-explorer
…para escachar coa risa!!!
- Etiquetags:
ás 22:07
Souvenirs
arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral
Coma o famoso turrón, por estas datas, case todos os amigos que teño espaleados polo mundo, voltan á casa.
A algúns acostumo a pedirlles un recordo explícito …coma o ticket do Harrod’s cando Eva foi a Londres (1000 gracias!) …ou agora, que coma Fle andaba polos USA, non podía pedirlle menos que algo típico…

…que conste que tamén lla pedín do outro …pero díxome que non a dera atopado ![]()
- Etiquetags:
ás 15:39
No nadal de palillo
arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral

Palillo pudo notar que a súa árbore de nadal
parecía un churumbel bastante máis san que él.
Tim Burton en A melancólica morte de Chico Ostra
…felicidade para estas festas!
- Etiquetags:



ou
ou





