As outras

Así coma a AGNIX e Victor Alonso están a facer un traballo fantástico coas distribución linux que non precisan instalación e funcionan en case calquera ordenador, ando estos días a probar as outras…

A proliferación de lápices usb ou pendrives, esos pequenos dispositivos de almacenamento que se conectan a un porto usb, permiten facer cousas incribles, como instalar neles un sistema linux!

A xente do catux-usb, ten desenvolto un sistema linux, minimalista, con entorno gráfico e as utilidades básicas mínimas, para un traballo cómodo… e non só iso, está baseado en debian, e permite facer apt-gets (instalacións de programas, vamos!) no propio dispositivo! Todo un invento!!!

…non sei qué nos deparará o futuro!