En Ferrol chegou a haber, nun tempo, un montón de cines… o capitol, o avenida, o rena, o jofre, o azul, os goya,… hoxe sobreviven os galicia e os duplex.
No tempo no que ir ó cine era un acontecemento social, como ir ó futbol os domingos, a chegada dos multicines, reconvertiu o arte no consumo, e a calidade no producto de usar e tirar. Así probablemente estén pagando as consecuencias as productoras, por culpa do pirateo de películas só para ver e esquecer.
O caso é que os multicines orixinais, que remataron cos cines clásicos, levaron un pouco da súa propia menciña cos novos multicines modernos, máis espaciosos, con máis calidade… vamos, como os cines de toda a vida, pero mellorando aquelo no que os vellos multicines fallaron: a calidade.
No concello veciño montaron uns deses novos multicines, e están a arrasar, pantallas máis que xigantes; graderíos, e non butacas no que podes medir máis de 2 metros sen practicar contorsionismo; e calidade de imaxe e son inigualables…
Pero os vellos multicines, resistense a morrer e apostan por aquelo que eu pensaba que sería un triunfo seguro: Amosar aquelas películas non tan comerciais nin publicitadas, que non precisan de son THX, e disfrútanse mellor en pequenas salas máis íntimas.
Pois non, á xente non lle interesan as películas que non saen anunciadas na TV, nin tan sequera un cartel repleto de galardóns do público e da crítica (o cal tampouco ten porqué dicir moito!) invitan a nada.
Será por iso, que como en Primaver, verano, otoño, invierno …y primavera, a historia da vida repítese unha e outra vez… e ainda por riba, estamos condeados a vivila así!