Naturalmente, pretendía facer un xogo de palabras, pero o wireless (sen-fíos), cada vez estanos atando máis.
Non me refiro só á conexión sen fíos informática, aquela que os gobernos tentan suprimir/impedir/evitar, senón a toda a marea de conexións que non precisan dun cable físico para establecerse. Véxase GSM, bluetooth, irda, RFID,…
Teño a impresión de que cada vez estamos máis atados ó mundo, ó resto da sociedade vamos… e eu son o primeiro que non podo desprenderme da tecnoloxía, pero sintome permanentemente ligado a algún sitio, sexa polo mecanismo que sexa.
Pero bueno, un sempre pode evitar estas cousas, sempre podemos evitar levar o móbil con nós, ou non activar a conexión do portatil, ou non mercar prendas de roupa coa etiqueta RFID… ah! non!, iso non o podemos facer!…:???: