Partindo de tres

Pois o punto final desta aventura, que ó final me saiu máis longa do que quería, é botarse mans á obra.

As ferramentas para facer particións poden vir por dous camiños. Os sistemas operativos soen vir coa seu propio programa, así o Windows 98 fai uso do vello fdisk, o XP tamén ten unha ferramenta de partición de discos, e o Linux dispón de varios, entre eles, o eficiente QParted.

Pero á parte, para a plataforma windows, existen programas independentes deseñados para tal efecto, tedes un listado en softonic. O máis coñecido, e hai que recoñecerlle que é prácticamente máxico é o PowerQuest Partition Manager, que entre outras virguerías, é capaz de cambiar o tamaño das particións e movelas de sitio (cousa antigamente, peliaguda) sen que ningún sistema operativo proteste. Pero se non queredes gastar un peso, unha ferramente vella, pero moi capaz, é o Ranish Partition Manager, que non custa un peso e cumple perfectamente co seu cometido.

As opcións de cada programa e o xeito de traballo depende, pero a teoría é a mesma, crear particións, especificar o tamaño e asignarlle un sistema de arquivos.

A partir de aquí, como tampouco quero aburrir (nin aburrirme!) o que precise máis datos e/ou axuda, só ten que pedila. Unha vez feitas as particións cando se instale o sistema operativo, normalmente detectará as que hai e pedirá onde queremos instalalo. Sempre debemos ter moi clara, como é a estructura do noso disco.

Detalles importantes poden ser cómo facer que cada sistema arrinque dende a súa propia partición, facer unha imaxe deles para poder restaurala cando teñamos problemas, ou usar un xestor de arrinque,… pero só falarei disto se alguén o pide.

Obviamente todo este traballo de particións, se o disco duro xa ten datos e pretendemos conservalos, é MOI PERIGOSA e pode, no peor dos casos, facernos perder os nosos documentos. Ainda que físicamente, será moi dificil que estropeemos o disco.

Sesión continua

Por iniciativa deles, vou cos meus pais ó cine a ver El Lobo, e mentras por deformación profesional ó meu pai se lle humedecen os ollos vendo setras e pegasos, pasan duas horas rápidas e eficientes, dun cine directo e sen florituras.

Hoxe descubro algunha cousa como a ligazón de Proletarium, a unha entrevista, sen desperdicio, da personaxe principal da película.

Todos saberedes, a estas alturas, que foi un infiltrado en ETA. Durante estos días, moitas cadeas ofreceron reportaxes sobre o sucedido. E eu, que intento non tomar parte, trato de ver duas partes diferenciadas.

Por un lado, está a recompensa e recoñecemento público non recibido polos servicios prestados, e a necesaria vanidade que xustificablemente, lle bota en cara ós que non tiveron a suficiente valentía.

E por outra parte, o lixo que hai en todas as casas. Porque, sen ánimo de facer comparacións, é moi triste que frente a un ben común, a especie humana siga caendo nos seus propios defectos de individualismo animal.

…cada vez estou máis preto da anarquía…