Partindo de dous

Vale, chega o paso decisivo… botarse a andar!

Primeiro punto: planificación. Dependendo do tamaño do teu disco, dos sistemas operativos que queiras instalar (si, máis de un, porqué non?) e dos datos que manexes, colle un lápiz e un papel e distribue o espacio. Recomendacións, pois para o sistema operativo, 5 GB. serían suficientes, pero con 10 estarás máis folgado. Se traballas con texto, sabes que ocupa ben pouco; a música ocupa un chisquiño máis (e se non está comprimida, nin che conto!); e os videos (incluido o DivX/XviD/…) son un come espacio, do demo!

Supoño que o espacio medio actual, rondará os 120 Gb. o cal da, por exemplo para 3 particións primarias de 10 GB. e outra extendida con 4 unidades lóxicas de 20, 20, 20 e 30… por exemplo, ou 3 de 20, 20 e 50, ou …. (As cifras en valores absolutos, soen enganar, así é fácil que postos a repartir, a última, que contabamos con 50, ocupe realmente 47 ou 48, son detalles técnicos que non nos deben mosquear) Eu teño un disco de 80 Gb. repartido en 3 primarias de 5 Gb. e unha extendida con 3 lóxicas de 20, 10 e 35 (creo! :roll:)

Unha vez decidido o espacio queda especificar para que vai ser. Unha vez creada a partición, existe un tema que é o sistema de arquivos a utilizar nesa partición. Cada sistema operativo, normalmente ten un sistema de arquivos predilecto (un sistema de arquivos é o xeito que ten o ordenador de almacear os datos no disco duro, é unha especie de estructura de como gardar os datos para poder recuperalos logo) Por exemplo, o Windows 9X/Me lévase moi ben co sistema FAT32, que prácticamente é recoñecible por calquera outro sistema operativo, e é o sistema usual cando se formatea un disco cun simple format C:. Outros sistemas usuais son o NTFS que usa o Windows 2000/XP, ou o ext2/ext3/reiserfs que usan os Linux.

É importante ter presente que a compatibilidade entre sistemas operativos e sistemas de arquivos non é total, así Windows 98 non pode ler unidades NTFS nin de linux. O XP non pode ler as de linux pero sí as NTFS e FAT32. E linux pode lelas todas, pero co NTFS ainda non é moi estable o xeito de escritura. Recomendación: Pois cada sistema operativo que esté no seu propio sistema de arquivos, para que se sinta cómodo :wink:, e os datos tentar telos en algún sistema compatible como FAT32, no que calquera outro poda escribir e ler sen problemas. Así poderei editar os meus textos nunha unidade FAT32 tanto dende 9X, XP coma Linux.

Como último punto, farei unha puntualización sobre certos temas técnicos, relativamente importantes: Uns dos atributos das particións son: que poden ocultarse (de xeito que outras non as vexan) e que poden marcarse como activas (será a partición que se arrinque no inicio).

Cando un ordenador inicia, e remata as súas comprobacións internas, o primeiro que fai é ir a unha parte do disco (o principio) chamada MBR (Master Boot Record) onde está indicado cal é a partición que está activa e que arrincará como sistema operativo, pero xa falaremos diso.

…a todo esto, que o que digo, obviamente, non vai a misa, e admítense correccións e suxerencias!

Partindo de un

As particións, xa dixemos, é un xeito de fragmentar un disco duro, facendo así, que pareza que temos máis, de menor tamaño (seguindo co simil do armario, cando lle poño bandexas, teño máis pequenos armarios). Básicamente hai dous tipos de particións: primarias e extendidas, sendo as primeiras as que permiten instalar nelas un sistema operativo de tipo windows (para os linux vale calquera). Podemos pensar, a grosso modo, que cada partición é unha unidade (c:, d:, e:, f:, …) En total, a suma dos dous tipos, non pode exceder de 4, logo só podemos ter como máximo 4 unidades!… pois non, pois se ben as particións primarias serán fixas, as extendidas poden conter no seu interior, volumes lóxicos (outras particións, vamos!) máis pequenos.

Recapitulamos, podemos ter catro particións como máximo de tipo primario e/ou extendido, e só dentro das do tipo extendido poderemos crear novas particións (unidades lóxicas c:, d:, e:, f:, …) Así, por exemplo, eu nun disco de 80 GB. teño 3 particións primarias e unha extendida, que á súa vez ten no seu interior 3 unidades lóxicas.

E todo isto para qué? Pois volvemos ó principio… a min resultame moi cómodo ter o sistema operativo na súa propia partición, cos seus propios programas, e todos os datos (textos, música, videos,…) nas outras particións. Así, se o meu sistema pasa a mellor vida, só teño que substituilo na partición na que estaba, por un novo… e os meus datos (que no fondo é o que importa!) seguen intactos! De feito teño unha partición de seguridade cunha imaxe de cada sistema operativo que teño instalado, así cando vexo que as cousas non van, machaco con esa imaxe e todo volve a estar coma ó principio.

Seguirei…:wink:

Zenon + Bush = Lisa

Fai moitos anos, creo que fora Zenón de Elea (dos presocráticos eses), sustentaba que o movemento era imposible porque para recorrer a distancia entre dous puntos, primeiro habería que chegar ó punto medio deles, e para iso habería que chegar antes ó punto medio da primeira metade… E se seguiramos indefinidadmente, sería imposible entón, movemento algún, xa que sempre existiría un punto medio ó que chegar antes… :roll:

George W. Bush, sabe moito de que unha suma infinita pode, sen embargo, ofrecer un resultado finito, só hai que ver como a adición de tonterías, incongruencias e despropositos propiciou un domicilio, de fermosas vistas, situado en Washington D.C.

Para estos casos, nos que o cabreo persoal devolve frases coma “pero como pode votar así esa xente”, lembro un capítulo dos Simpson, no que Lisa exerce de lider nun pequeno grupo de cidadáns sabios, que pretende facer unha cidade mellor, obviando as opinións do resto do pobo.

ZP tamén quere un grupo de sabios para a televisión, disque! :roll: