Arquivos de Novembro 3rd, 2004
ás 14:47
Partindo de cero
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Empezar de cero cun equipo informático, cun ordenador vamos!, pode ter un pouco de técnica e un moito de teoría. A excusa esgrimida polos vendedores de software que inclúen os portátiles, é que o hardware sen os programas, non sirve de nada (así que ou pagas a licencia deste software ou non mercas o portatil! :roll:) Polo tanto, a decisión do sistema operativo a instalar debe vir acompañada non só do cal e porqué, se non do como e onde.
Se tomamos como punto de partida, que o sistema operativo debería estar no disco duro do ordenador, as altas capacidades de almacenamento de hoxe en día, débenos facer reflexionar sobre o reparto de espacio.
Eu son dos que me gusta ter as cousas separadas, cada unha no seu sitio e sen que anden a misturarse unhas con outras. Para un ordenador, o xeito máis usual de distribución, son as particións. Sen tentar entrar en termos técnicos, as particións son algo así como bandexas nun armario: Eu teño un armario grande, e para colocar a roupa, preciso poñerlle bandexas que separen as sabas dos xerseis, dandolle máis espacio a uns que a outros. Pois nos ordenadores e nos discos duros, sucede o mesmo. Podo ter un disco de 160 GB. nos que os meus datos e mais o sistema operativo estén xuntos, ou ese mesmo disco, repartilo dalgún xeito, de forma que teña, por exemplo, 20 GB. para o sistema operativo, 40 GB. para almacear música, outros 50 MB. para videos e fotos e os 50 GB. restantes para copias de seguridade.
Se interesa, seguirei logo…
- Etiquetags:



ou
ou





