Arquivos de Novembro, 2004
ás 13:12
Cando dende a casa non se fai nada…
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
… xente como a de softcatalá, elaboran as traduccións do openoffice, do firefox,… ó catalán.
Debemos recoñecer que en canto a novas tecnoloxías e lingua, levan máis dun paso por diante… non era mala idea pisar por onde eles pisan e agarralos da man para que nos servan de guía… porque se os que camiñamos pola area andamos a dar voltas entre os campos de gueivotas, corremos o risco de que veña unha nova marea, e as ondas borren as pegadas que levamos xa marcadas…
- Etiquetags:
ás 11:24
Colgado
Na maciñeira das oportunidades perdidas e das ocasións desaproveitadas, cada vez, colgan menos mazás, e máis apodrecen no chan, agardando que unha segunda oportunidade as recolla e as salve dun arrepentemento eterno.
Como o castiñeiro veciño das intencións sen levar a cabo e dos sentementos inconfesados …inconfesables, corren o risco de perecer por abandono ou falta de atención.
Ó mellor é preferible acelerar o irremediable e cortarlles o tallo dunha vez, para permitir que novas árbores medren …ainda que sexan premonicións de futuros fracasos.
- Etiquetags:
ás 12:55
As outras
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Así coma a AGNIX e Victor Alonso están a facer un traballo fantástico coas distribución linux que non precisan instalación e funcionan en case calquera ordenador, ando estos días a probar as outras…
A proliferación de lápices usb ou pendrives, esos pequenos dispositivos de almacenamento que se conectan a un porto usb, permiten facer cousas incribles, como instalar neles un sistema linux!
A xente do catux-usb, ten desenvolto un sistema linux, minimalista, con entorno gráfico e as utilidades básicas mínimas, para un traballo cómodo… e non só iso, está baseado en debian, e permite facer apt-gets (instalacións de programas, vamos!) no propio dispositivo! Todo un invento!!!
…non sei qué nos deparará o futuro!
- Etiquetags:
ás 14:29
A telecomunicación cosmopolita
Na era das distancias cero, as novas tecnoloxías, conseguen que mentras na Coruña se celebra unha festa de cumpreanos, algúns dos que asisten a elas poden permitirse o gusto/luxo de estar en Manhattan, Holguín e Fejo.
Non o preparamos a tempo, pero para a próxima haberá que colgar uns destes (se non tes java, pulsa aquí).
- Etiquetags:



ou
ou






