Das coleccións absurdas que fixen, fago ou farei, penso que a máis rara é a de xabóns de hotel…

…non sei cal é a túa…
Aprender informática é moi dificil… ben, non é que sexa moi dificil, pero ten moitos detalliñon nos que é fácil perderse. É dicir, ser un usuario avanzado, non é cousa nin dun curso de 400 horas, nin dun libro de 500 páxinas, nin das longas conversas cun amigo enteradillo,… é algo máis…
Os meus inicios neste mundiño, comezaron (seriamente) cun i386SX a 16Mhz, 1Mb. de RAM e 40 Mb. de disco duro. Foi o momento no que máis aprendín, porque daquela, o software ía moi por diante do hardware (os requisitos dos programas, sempre eran maiores que o hardware que un podía permitirse comprar). Lembro os meus problemas para conseguir que funcionases os programas… básicamente xogos, claro! Os arrinques con EMS, XMM… aproveitando até o último bit!
Agora as cousas son distintas, calquera ordenador que compre un para uso doméstico permitirá funcionar folgado calquera programa. Os problemas son outros, compatibilidade de hardware, lixo na instalación de programas.
O mundo GNU/Linux, fixonos a moitos, voltar a disfrutar aprendendo cousas, probando, borrando, estropeando… porque todo o mundo sabe que cando máis aprende un, é cando non lle funcionan as cousas.
As revistas (a saber cantos cartos teño gastado nelas!) foron dos mellores conselleiros para os primeiros momentos, agora son distintas, tamén son máis, e a competitividade é grande, pero algunha segue a ser bastante aproveitable.
Con isto, pretendo animar ós novatos a que lle perdan o medo, a que fedellen todo o que poidan, porque resultará moi dificil que estropeen algo seriamente… no peor dos casos só perderán o tempo e terán que volver a empezar. Que se deixen aconsellar, polo amigo que teñen preto… pese a que ás veces canse (no fondo gústanos axudar!) E que practiquen, as clases non están mal, nin os libros, pero non o son todo, se non o fas por tí mesmo… mañá non te lembrarás.