Pois sí, coma a veciña, tamén eu estiven pola capital do estado, dende o xoves até o domingo. Foi unha viaxe de puro placer, para poder patear Madrid, misturarse coa xente e empaparse de cosmopolitismo… e visitar o parque temático da Warner, claro!
Fai un par de anos, puiden facer o mesmo tipo de viaxe a Barcelona, fora un pouco máis longa e máis frenética, pero conseguín facerme unha idea da cidade e poder situarme un pouco… do cal agora non lembro case nada…
Coa capital, témome que pasará outro tanto, hoxe teñoo moi fresco, pero dentro dun par de anos…
Saquei como conclusión… que o metro é o mellor invento do mundo, que os galegos somos identificables en calquera sitio, pese a que non nos teñen respecto (durmin preto da rúa Puenteareas!) e que pese á sensación de soidade que se vive, o que se aburra en Madrid é porque quere…