Até o de agora non tivera ningún problema coa miña conexión a internet, de feito, até a din de baixa sen ter ningún problema… pero foi ó final, xustiño a piques de rematala, cando ma deron con queixo.
A falta de 5 días para a finalización real do meu contrato, que puntualmente cobraron fai case un mes, esta mañá, deron de baixa a conexión, unilateralmente, e sen aboarme esos 5 días que faltan.
Ó principio, a boa fé, chamo, por se fora un problema técnico. Pero unha atenta teleoperadora infórmame da miña baixa hoxe mesmo. Explícolle que me deben 5 días que xa paguei, e repíteme que o meu contrato foi dado de baixa (debeu pensar que son sordo, ou tonto, ou…)
O caso é que me dí que me pode pasar con outro departamento… e vai e pásame con Páginas Amarillas, que obviamente non ten nada que ver co meu proveedor de internet, e que se sorprenden máis que eu do paso da chamada.
A segunda chamada ó servicio de atención telefónica, xa é directamente para poñer unha queixa, que tramitan dilixentemente, e que coido pasará directamente ó mundo dos arquivos de ordenador perdidos no limbo.
O problema de todo isto é a impotencia, o abuso, e a pouca seriedade da empresa en cuestión.
Teño pensado pedirlle ó banco que me recupere o pago do último mes, até que me solucionen o problema.
Se a alguén se lle ocurre que podo facer, agradeceríalle suxerencias, porque eu so quero que me den o que é meu… XA!