Vou facer un repaso de cómo funcionan as redes de ordenadores (en xeral internet), así que acepto correccións.
Vou tentar non ser técnico, así que, que ninguén se asuste.
Os ordenadores, para comunicarse entre sí, precisan de determinados dispositivos que fagan as conexións entre eles. Nestos días, a revolución está no wireless (sen fíos), para o cal só se precisa dunha tarxeta deste tipo, senón, o normal é usar unha tarxeta de rede usual, de tipo ethernet.
A estructura usual dunha rede, é unha serie de equipos con cadansúa tarxeta de rede e conectados todos a un apartiño chamado conmutador(switch) ou concentrador(hub). A diferencia básicamente, é que cando un ordenador manda datos pola tarxeta, o conmutador sabe a quen dos que ten conectados enviarllos, mentras que o concentrador mándalle a mensaxe a todos ós que teña conectados a él (coma un ladrón de corrente).
Tanto o concentrador coma o conmutador, soen estar conectados ademáis, cun encamiñador (router) que é o que se encarga de comunicar o noso ordenador co resto de internet.
O proceso das comunicacións informáticas, tivo un desenrolo curioso. Creouse un estandar teórico chamado OSI, que establecía unha serie de capas superpostas, que subdividían as comunicacións en pequenos procesos comunicados entre sí. Pero a práctica foi outra cousa, creouse o TCP/IP (que é protocolo actual da rede internet) e que simplificou o sistema de capas, de xeito que fose máis sinxelo, impoñendose finalmente.
Así a parte TCP é a que se adica a verficar que os datos transmitidos cheguen e cheguen ben, e o IP establece os enderezos e a parte subxacente da estructura da rede.
Cada ordenador dunha rede dispón dun nome (enderezo IP) que é un grupo de catro cifras entre o 0 e o 255 separados por puntos (por exemplo 192.168.172.34) Estes grupos de cifras, establecen diferencias entre, se o ordenador está directamente conectado a internet, ou nunha rede privada (unha rede local, un aula, unha empresa,…) Son os conmutadores, concentradores e encamiñadores os encargados de facer as distincións e comunicar entre sí os distintos ordenadores en base a ese enderezo. Co cal consiguese que a comunicación entre os ordenadores funcione de xeito, relativamente sinxelo.
Cando un visita esta páxina, existe unha serie de ordenadores que traducen o enderezo IP onde está hospedada esta web ó nome usual co que se coñece (é moito máis sinxelo lembrar dorfun.bitacoras.com que 67.18.234.100) Estes servicios chámanse DNS e establecen as relacións nome< ->enderezo IP.
Dentro dun mesmo equipo, cada servicio de comunicación entre ordenadores, que usemos, fai uso dun apartado especial que son os portos. Falei hai tempo dos distintos tipos de comunicacións existentes sobre internet. Pois imaxina que no propio dorfun.bitacoras.com houbese ademáis dunha páxina (http) un servidor de arquivos (ftp), entón non chegaría só o enderezo para comunicarme con ese ordenador (como distinguimos a comunicación http e ftp?), senón un detalle máis que son os portos, un número entre 1 e 60000 e pico, que identifica unívocamente a comunicación. Por exemplo para ver a dorfunteca usas a ip (traducida a nome) e o porto 80.
De tódolos xeitos, case todos estos pequenos procesos: a elección da ip, o dns, o porto,… fanse de xeito transparente ó usuario, ainda que non está de mal saber de que van, para cando empezan os problemas…