Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Outubro 1st, 2004



01.
Outubro
ás 13:57
1

A Hollywood

arquivado en: Multi-½, PolÉtica, galEGO, Xeral

Cando o señor Ramón desexaba cumprir o seu soño, seguro que non pensaba en ser estrela mediática alén das nosas fronteiras.

Estaba a ler agora a declaración universal dos dereitos humáns, e parécenme un feixe de normas “autodefensivas” para tentar curarse en saude, e prever a obviedade de que algún día, acabaremos con nós mesmos… e para iso, necesitamos estos dereitos?

Eu cambiaríaos por un só: Dereito á liberdade individual. Que cada un teña a posibilidade de actuar como lle pete, se non entra en conflicto coa liberdade individual dos demáis.

Por todos os Ramóns que quedan polo mundo, e os que non son Ramóns, tamén, noraboa!

    Etiquetags:




01.
Outubro
ás 13:08
2

Olladas

arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral

Hai unha bitácora chamada Las cinco del viernes, na que betty invita a respostar cada venres, e na nosa bitácora, ás preguntas que ela plantexa. Un xeito máis de relación entre bitácoras.

Tras o éxito do bloga, que non tiña pretensión ningunha salvo facer algo suxerente e interesante (ó meu parecer), apetéceme comezar outra historia, e o que queira apuntarse, ten toda a liberdade do mundo.

caixon

Reflexionando sobre a comunidade do blogmillo, dame a impresión de que é moi grupal, non sei, lémbrame ós programas de radio nos que sempre chama o mesmo. Non está mal (eu son o primeiro en ser un pesado comentando), pero vendoo dende o outro lado, isto é un folio pinchado nun taboleiro, compartido con outros milleiros de folios…

Ben, as olladas que comezan este venres, consisten en fotografías de cousas cotiáns que amosen algo propio. Nesta primeira, decidin fotografar o caixón de-sastre da miña mesiña de noite…

…alguén quere amosar o seu?

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999