Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Outubro, 2004



29.
Outubro
ás 11:14
3

O valor das palabras

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

Estos días medito sobre o valor das palabras, tanto no sentido propio (o que lle damos nós) como no externo (o que lle dan outros)

Refírome, por unha parte ó amor propio do que se sinte insultado. Porque non acabo de entender porqué a xente se alporiza tanto por un simple insulto (do grado que sexa), e chega á violencia física por ofender a honra dalgún familiar directo. Son dos que pensan que o valor de que alguén me chame fillo de puta, poñoo eu, non o que me insulta, e así podo darlle tanta importancia como a min me pete (igual é unha reacción puramente egoista). Parece que estamos nalgún século anterior, no que mancillar, era causa de desagravio e provocaba un duelo ineludible.

E polo outro lado, o sentido da palabra, como medio de validez honrosa en calquera transacción. Estou canso de escoitar: Mira sinceramente… Que quere dicir? que se non o especifica, todo o resto do seu discurso non é sincero? E en caso de que o sexa (ou non) eu seguirei tendo a potestade de creelo ou non. Porqué non nos deixamos de lerias e vivimos como somos, acutamos como nos peta, e non facemos xuizos de valor sobre os demais.

Sempre lembro nestes casos, a conversación entre Fernán Gómez e Alonso (creo!), na película El abuelo de Garci, na que o segundo lle recrimina ó primeiro, que o honor é unha merda, se impide pola sua culpa que non se falen un avó coas súas netas.

    Etiquetags:




28.
Outubro
ás 10:35
20

Horoscopio

arquivado en: galEGO, Xeral

Hoxe será un día de pequenos cambios, que madurarán co tempo. No traballo sentiraste especialmente correspondido e con folgos comedidos. A saude resintirase un pouco ó medio día, para retornar pola tarde con forzas renovadas. No amor, deberías prestar máis antención a esa persoa que tes tan preto e á que nunca lle adicas o tempo necesario.

…ou todo o contrario…

    Etiquetags:




26.
Outubro
ás 18:38
3

Vaticinios

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Lendo o artigo que Eduardo Punset escribiu para o especial 15º aniversario de El Mundo (Un cerebro planetario), quédome con duas frases:

A veces la ignorancia es una imposición política o religiosa

Falando do desenrolo de internet e das súas repercusións, podo chegar a entender que un goberno ou relixión non poda ou non queira (non lle interese) fomentar o desenrolo da chamada sociedade do coñecemento, dependendo e levando o peso nese caso, o interese da propia sociedade. O lamentable, en calquera caso, é que ainda por riba se faga todo o posible por impedir o seu desenrolo, ou o seu uso polos cidadáns.

A outra:

El hecho revolucionario de poder digitalizar toda la información hará factible, finalmente, impartir una enseñanza según las necesidades de cada uno: personalizar la educacion

Igualmente, vaticino que o futuro da educación pasa por cambiar o estilo de estudios reglados e ben estructurados, trocando nunha especie de menú á carta, no que cada quen adecúa a formación a recibir, ós intereses persoais. Remataranse os estudios universitarios (e incluso inferiores) rixidos.

    Etiquetags:




25.
Outubro
ás 21:07
1

Mais spaM

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

Os fantásticos amigos do free online poker, deixáronme un comentario en cada anotación da bitácora… o malo é que non aportaban nada interesante, así que tiven que eliminalos…

De paso, teño que moderar os comentarios, para evitar que volvan, e instalar un engadido no wordpress. Fastidiame, porque non me gusta limitar á xente que quere dicir algo nesta bitácora… salvo que o faga de malos xeitos (se non fose en todas as anotacións, seguro que lles deixaba o spam)

En calquera caso, sego sen entender, como cando atacaron a pizarra lateral, o interese que ten a xente en buscar fallos ós programas e gastar máis tempo en usalos para fastidiar, que en escribir un correo ó desenrolador, para axudarlle a solucionalo…

Por outra banda, estiven este fin de semán nas I xornadas de software libre na educación en galicia. Foron unha boa primeira pedra, no que haberá que cementar algo máis. Non sei se para as segundas se atreverán a volver os mesmos mestres (desexo que sí), e é que temos o problema de falar das cousas que coñecemos ben, con tanto énfase e sen prestar, ás veces, atención a quen llas contamos, que moitas veces, en lugar de suscitar o interese e a curiosidade, producen o efecto contrario, causando o abandono porque é un lío no que só os entendidos saben entenderse… nada máis lonxe da realidade.

En calquera caso, as xornadas xa foron, e se un só mestre, este luns, probou a usar un GNU/Linux na sua clase, xa me parece un éxito máis que rotundo.

    Etiquetags:




21.
Outubro
ás 21:47
6

Ollando (antes ollares ;P)

arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral

Das coleccións absurdas que fixen, fago ou farei, penso que a máis rara é a de xabóns de hotel…

coleccion

…non sei cal é a túa…

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999