A puntiño…

Mañá sae o pack coa triloxía da Guerra das Galaxias… todo un mito para o frikimundo. :mrgreen:

Pero hai algúns problemiñas:
- Sae a edición do 97 con correccións: Xa está remasterizada (máis limpo o son, e a imaxe… pero con máis caralladas incluidas) e inclúe cousas para empatar co episodio III, que sairá para o ano.
- Nos USA, sairon duas edicións: widescreen e fullscreen, aquí, en principio, só a primeira.

Así que está a grande dúbida: se mercala (50 e pico ¤) ou agardar.

E a ver cando sacan o megapack das Matrix… (o mundo geek é tan variado :wink:)