Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Cómic galego

Recoñezo non estar moi posto no cómic galego (…no de fora tampouco, vamos!) pero ten o seu mérito a edición deste tipo de productos, nun país que sempre menospreciou esta arte… e ainda por riba en galego!

Esta semana, aproveitei para poñerme ó día, e merquei o Barsowia e o BDbanda.

O primeiro é o fanzine de Polaquia, un colectivo liderado polo polifacético Kike Benlloch (que non lembrará… pero que me debe unhas cervexas… ou era eu?). Gustoume, gustáronme as historias, gustáronme os debuxos, e gustoume o deseño.

BDbanda, aparenta ter máis pretensións, e baixo a coordinación de Kiko da Silva, desfilan un feixe de autores máis que interesantes. Non gañaron en Barcelona, pero será cuestión de tempo.

Algunha recomendación?