Arquivos de Setembro 14th, 2004
ás 13:53
contos inanimados
arquivado en: Multi-½, Ciberlingua, galEGO, Xeral
…o día que o boneco do semáforo saltou á beirarúa… non se decatou dos berros do seu veciño de abaixo, que lle gritaba que non debía cruzar…
…a vaca do sinal, non puido resistir e en canto viu todo o vermello que a rodeaba, botou a correr monte abaixo…
…a señora da máquina do tabaco, agora traballa na megafonía da estación de autobuses… segue a estar rodeada de fume, pero soña todas as noites con sitios inimaxinables…
…namorouse perdidamente da voz do contestador automático e contáballe a súa vida, sen dicirlle quen era, sen saber quen era… até que un día contestaron do outro lado, e non puido máis que colgar…
- Etiquetags:



ou
ou





