Nomes

Sempre sentín curiosidade polos nomes das persoas que aparecen nos D.I. falsos ou calquera outro documento oficial que se usa como exemplo… existirán tales persoas realmente? Non as que se asocian á fotografía, senón se ese nome terá unha persoa real detrás.

Non sei cal será o xeito de nomear ás personaxes secundarias por parte dos autores, pero supoño que non lle darán moitas voltas ó asunto, e poñeranlle o primeiro que lles veña á cabeza. Supoño que será un método menos pensado que o dos D.I.

Pois resulta que esta noite, no especial da TVG “Os Tonechos nunha de cine”, saio eu! :shock:

Quero dicir, sae o meu nome e o meu primeiro apelido, como personaxe secundaria (un supermán vido a menos… é o surrealismo dos Tonechos)

Non é que me importe demasiado, nun primeiro momento fíxome gracia, pero agora lévolle dando voltas varios minutos… e non sei!:roll: