Hoxe parece que é o día mundial dos cambios nos medios de comunicación…
As televisións fan encaixe de bolillos cos novos programas e presentadores, e co coitelo na boca, avanzan entre a marea de espectadores á caza do maior número de presas.
Bono vs. Rajoy, a pelexa matinal da o sinal de inicio, Ruedo Ibérico , é o nome do novo programa de Montserrat Dominguez
Na radio Luis del Olmo (e outros) empezan proxecto noutra radio. (O outro día o director do ABC, queixábase de que o PP influía no xornal, e disque cambia de director. A ver que pasa na radio.)
E eu, que cambio o meu horario para as tardes, xa non só me quedo sen a dose diaria de Gemma… se non que ainda por riba RETORNA GOMAESPUMA!
Para cando o desenrolo científico do don da ubicuidade?