Arquivos de Setembro 3rd, 2004
ás 17:53
Fragax Revolutions
arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral
Estos días o blogmillo anda revolto, non é para menos, coa nova incursión do presi, nesta Matrix da que está feita a nosa Galiza.

Recibo por correo un debuxo xenial (Gracias!)
de Luis Davila.
Os aduaneiros están que o bordan!
E en lantania, avísannos dun futuro inminente.
Eu pola miña parte, prefiro antes rir que chorar…
- Etiquetags:
ás 17:38
Eco do recuncho
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Arduina, que debe ter unha idea de min algo rara :wink:, faime reflexionar sobre os adolescentes, a educación e as novas tecnoloxías.
Supoño, que a ligazón que sinala, está feita con moita ironía, pero non está moi lonxe do pensamento dalgunhas persoas… e os medios de comunicación non axudan demasiado.
O descoñecemento e a incomprensión, soe ser a causa do problema. Até fai ben pouco, pensaban na miña casa, que o fondo de escritorio coa imaxe de Homer era un xogo que estaba permanentemente funcionando no meu ordenador
Solucións… rexeitar a proibición e o non por resposta… aproveitar que saben máis que nós para aprender de/con eles… estar pendientes do que fan, pero sen amosar control… non sei, será lei de vida?…
- Etiquetags:
ás 14:20
A nova dos estudios Ghibli
arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral
Parece ser, segundo comenta Tirafrutas, que a nova película dos estudios Ghibli (A princesa Mononoke, O meu veciño Totoro,…) vai ser presentada no festival de Venecia… Se ten a mesma sorte que a fermosa A viaxe de Chihiro, que gañou en Berlín, pode que consiga aquí un León de Ouro.
A película chámase Hauru No Ugoku Shiro… ![]()
- Etiquetags:



ou
ou





