(Aviso, esta anotación é fruto da indignación, desesperación, confusión,… e moitas máis cousas que acaban en -ción, salvo adicción, publicación e perplexidade… que remata en -dade, non en -ción!)
Comeza a tempada de exames… con escaso éxito… pero bueno…
Tócalle comezar á Teoría de Galois… resulta que un tal Evaristo (Galois), que viviu na primeira metade do século XIX, e que era un revolucionario do carallo, ademáis dun púa en álxebra, liouse con quen non debía e retárono a duelo (cousa, parece ser moi común, na época). O caso é que a noite anterior, e por se acaso, decide escribir todo o que pensaba sobre o tema no que traballaba (grupos e outras caralladas). E efectivamente, fixo ben, porque ó día seguinte morre con 21 aniños.
Pero resulta que o que escribiu estaba ben, e deixa case sentenciada toda a teoría de grupos até o día de hoxe, o cal entre outras cousas serve para demostrar, que con regla e compás é IMPOSIBLE cuadrar o circulo, ou trisecar o ángulo recto,… ou o que é máis importante, que excusamos molestarnos, porque para polinomios de grado 5 non hai ecuación explícitas que indiquen as raices mediante radicais (se non entendedes, podedes obviar todo este párrafo)
A desgracia, é que para estes resultados, hai que dar unha chea de resultados alxébricos teóricos… ben, voume, que en media hora entro en terapia de grupo…