Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Setembro, 2004



30.
Setembro
ás 22:43
0

arquivado en: Multi-½, Imaxines, tomonota, PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Ciberlingua, Xeral


    Etiquetags:




29.
Setembro
ás 12:50
7

Nostalxia

arquivado en: galEGO, Xeral

Leo nunha revista, que a empresa Rubio renovou o seu portal na rede.

As libretas de Rubio, lembro que eran unhas cuartillas encadernadas nun carton verde, de calidade pésima, e suxeitas cunha grapa moitas veces oxidada.

Entre as actividades que incluían, estaba a escritura uniforme, grande e clara entre renglóns, das letras, frases ou textos que indicaba. Tamén había puntos para unir.

Nunca me gustou ese xeito de uniformizar a escrita de todo o mundo… menos mal que a medida que pasa o tempo, a caligrafía rebélase e toma identidade propia.

Tamén había outras cuartillas laranxas, que eran para facer contas, con duas cifras, con tres,… Ten un amigo meu pai, que ainda acostumaba a facelas para conseguir axilidade á hora de facer contas.

Vaia, que tempos!

    Etiquetags:




29.
Setembro
ás 11:21
7

A sala das bandeiras

arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral

Esta é a famosa sala das bandeiras, hainas de todo tipo, con todo tipo de escudos e de todas as épocas.
bandeiras
As republicanas seguían pola dereita.

A verdade é que alí dentro, a cousa asusta.

    Etiquetags:




28.
Setembro
ás 15:26
0

Semellanzas

arquivado en: Imaxines, PolÉtica, galEGO, Xeral

Parece mentira, pero normalmente un nunca visita as ofertas turísticas da súa propia cidade.
Hoxe, tocoulle ó museo naval, que parece ser que para o ano (agora andan en reformas) vai ser o maior de europa.
Recíbenos o cabalo da discordia, que eclipsa ás grúas dos asteleiros (cada un que saque as suas propias conclusións)
franco

Por dentro o museo está moi ben, ainda que é un pouco desordeado, da a impresión de non ter estructura e que as pezas andan acumuladas ó chou por cada rincón (a ver o novo como sae) Ten unha sala adicada á perda de Cuba e Filipinas, onde atopei un cadro dun tal Claudio, pero a min resultame familiar…
ansar

Tamén hai un repaso dos métodos e tipos de construccións navais, non só militares, tamén hai obxetos civís. Onde os nomes dos constructores e dos mariñeiros nunca son parellos.

Para mañá reservo a fotografía da sala máis patriotica do estado… (sei que non durmiredes coa ansia, resistide :cool:)

    Etiquetags:




28.
Setembro
ás 15:10
2

Limpa como unha patena

arquivado en: Imaxines, Ceros e uns, galEGO, Xeral

O outro día prenguntaban que lle pasara á máquina… pois que antes sacaba fotos así…
con-mancha
…e agora sacaas así…
sen-mancha
Só eran un par de manchas que non me atrevín a limpar a fondo, para algo está a garantía!

Un 10 para o servicio técnico, collerona, levárona, chamáronme e devolveronma cun informe de todo o acontecido.

Así que a ameaza de imaxes continúa! :twisted:

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999