de móbiles

321st Agos 2004Ceros e Uns, galEgo, Xeral

Debo recoñecer, que coma bo geek, teño predilección por todo tipo de cacharriños electrónicos.

E ademáis, son bastante quisqui coas marcas, digamos que teño predilección por algunhas en particular …que lle vamos facer!

Pois o caso é que me gusta estar ó tanto das novidades en telefonía móbil, non só no que compete ós aparatos, senón tamén á tecnoloxía que se desenvolve para eles (GPRS, MMS, J2ME,…) e de vez en cando gustame escoller o meu teléfono ideal.

Considero como prioritario para un teléfono (á parte da función principal de comunicación :wink: ) que teña un sistema operativo por debaixo, quero dicir (todos os móbiles teñen un sistema operativo!) un recoñecido e para o que haxa documentación e se poida programar.

Hoxe en día o mercado estase a repartir entre Symbian e Smartphone, o primeiro liderado agora por Nokia (e coa participación de outros fabricantes), e o segundo dirixido por Microsoft. O cal evidencia ventaxas tanto para un coma para outro. Eu personalmente confío na potencia de Symbian e na compatibilidade de Smartphone (un móbil con windows!?)

En canto ó resto de tecnoloxías, o da cámara, MMS, J2ME (a versión de Java para dispositivos móbiles), a radio FM, GPRS, … xa é cuestión máis persoal. Pero en canto ás comunicacións, a incorporación de Bluetooth, vaise facer imprescindible de aquí a pouco, pese a que últimamente haxa certos problemas de seguridade.

Así finalmente e tendo que escoller, na plataforma Smartphone ainda non hai moitos onde elexir, de momento o Motorola MPx220, ten boa pinta. E na plataforma Symbian, o meu modelo escollido é o Nokia 6260, unha preciosidade de móbil, con TODO o necesario para o uso actual.

Que conste que as marcas sinaladas non me dan ningún tipo de compensación (por exemplo un móbil deses para probalo) …pero tampouco me parecería mal que mo facilitasen. :mrgreen:

3 Comments Feed de comentarios

  1. A dorfunteca » que facer (28 Xaneiro, 2005, 18:03).

    [...] vado en: Xeral galEGO Ceros e uns — dorfun @ 20:03

    Cando hai un tempo falaba de móbiles apetecibles, non pensaba nas capacidades e potencialidades dos mesmos. Agora é fáci [...]

  2. dorfun (28 Xaneiro, 2005, 20:00).

    cambio de opinion, en lugar do 6260, o 6630 :wink:

  3. A dorfunteca » Anotacións da Bitácora » Daltonismo móbil (5 Xullo, 2006, 22:59).

    [...] E é que finalmente, teño que retractarme, e o máis importante dun teléfono móbil debe ser que permita comunicarse… no sentido máis abstracto da palabra. Etiquetags: Xa dito: Proba con KABlog de móbiles [...]

Add a Comment