Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Teoría e praxe

Os que somos de ciencias, estamos algo cansos de ver embarulladas cuestións teóricas que introducen calquera tema, antes de ir seguidamente á interpretación práctica.

Moitas veces cuestionamos a necesidade, da explicación de tales conceptos teóricos… A min dame igual a teoría de grupos, só preciso saber que 2+2 son 4.

Pero a teoría é necesaria, ainda que só sexa para amosar que hai un pensamento inicial que trata de poñer as cousas no seu sitio, sentando as bases.

É dificil motivar ó alumnado, tal vez teñamos que replantexar o método. As simpáticas pelexas de plans de estudio, non atopan o camiño correcto… que ó mellor non existe!

…pero hai que buscalo!