Danme tarantoladas, e tras a época na que me apetecía aprender Xaponés, conténtome con disfrutar do anime, e do manga.
Non teño visto moito, pero si algúns dos clásicos, ou dos máis populares. En todos, ou case todos atopo duas curiosas coincidencias:
A protagonista é femenina, e ten unha gran capacidade de autosuficiencia e ás veces liderazgo (tamén sucede nalgúns filmes de terror xaponés, renacidos nos últimos tempos)
Como transfondo xeral, está a nai natureza á que masacramos e que sobrevive ás nosas accións. Tamén o sentido ecoloxista e de fin ulterior, na vida do planeta, con ou sen nós.
Alguén que sepa do tema, sabe se é casualidade?
Non poño ligazóns, nin títulos, pero se alguén quere…