Os señores do INEM, tiveron a ben concederme unha plaza nun curso, que me negaran fai tempo, e que vai durar 4 meses con horario de 8:30 a 14:00… non sei se darlles as gracias ou pillar unha recortada e liarme a tiros (teño que deixar de ver películas de Tarantino) Ainda por riba, en lugar de concederme o anterior, que o tiña a escasos 300 metros da miña casa… danmo no concello do lado, distando preto de 2 quilómetros
Eu de maior quero ser funcionario… así podería facer estudios sobre intelixencia artificial (por se alguén se ofende pido disculpas)

Por certo, que agora que está de moda o de Yo, Robot e toda a parafernalia… está moi ben un libro de Penrose, no que conclue que nunca existirá tal intelixencia… outra vez será!