Primeiras lecturas

Non sei realmente cales foron os primeiros libros que lin, si teño, sen embargo, certas ideas dos que penso que foron.

Todos viñeron da man de veciños. Na miña casa, non é que se fomentase moito a lectura, pero en canto viron que me gustaba, aproveitaron o filón.

En castelán, os primeiros dos que teño conciencia eran uns de Enid Blyton, tardei tempo dende que mos deran a comezar a lelos, pero foi sinxelo engancharse a eles… Los 7 secretos, Los 5, Torres de Malory,… é curioso que ainda se podan mercar. Ainda os gardo con nostalxia.

En galego, penso que o primeiro que chegou ás miñas mans, deumo unha veciña sevillana, e era Memorias dun neno labrego, o clásico de Neira Vilas. Que bos momentos, da man de Balbino.

Din que, quen presta un libro a un amigo, perde o libro e máis o amigo… a min dame igual perder o libro (e xa perdín algúns) se polo menos conseguiron facer feliz a alguén.

Onte falaban na radio dos libros que aparecen nos estantes das moblerías… todo un mundo. Eu tiven as miñas discusións á hora de ordear os meus, a estética e a eficiencia non teñen porqué vir parellas. Agora, para a miña desgracia, algúns durmen encerrados, a ver cando os saco a pasear…