Últimamente, nos cines, andan a proxectar un carteliño antes da película, no que advirten da chegada dos 4 xinetes do apocalipse como se che ocurraextraer calquera tipo de información, da película que vas a ver… así que xa non me atrevo a dicir, nin que película fun ver
A federación antipirateo, ben puidera, ademáis ter un correo electrónico menos mísero que os de hotmail.com, e proibir, xa de paso, os anuncios publicitarios cos que nos deleitan antes do pase da película, pola que relixiosamente paguei para vela… a ela soliña.
O do pirateo, salvando as distancias é un arma de doble filo. Quixera eu saber se o dominio dos sistemas operativos domésticos de microsoft, ía ser o mesmo, se non permitisen (intencionadamente?) a reproducción e multiplicación, coma a dos pans e dos peixes, dos seus sistemas, para facerse finalmente, cun mercado, agora acostumado ós productos de redmond.
Pero claro, unha cousa son os productos de uso, e outros os de consumo. Levamos toda a vida lendo libros, prestados, da biblioteca,… normalmente moitos máis dos que poseemos, pero ninguén deu nunca un toque de atención (ben, agora parece que si).
Persoalmente, penso que se piratea coa intención de consumir inmediatamente. Copiamos, vemos e esquecemos. O que realmente queremos conservar, non o copiamos.
Parece que hai unha obsesión paranoico-compulsiva sobre a autoría. Que periga o futuro da creatividade, e que probablemente só poda permanecer a calidade, frente á sobredose… a ver se é verdade!