Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Agosto 3rd, 2004



03.
Agosto
ás 19:16
0

Compartindo fotos (e II)

arquivado en: Imaxines, Ceros e uns, galEGO, Xeral

O outro día falaba de sitios onde colgar fotos, e hoxe entérome de outro sitio, que parece ser que nace novo, e polo tanto, de momento non ten límite de espacio. Chámase Zoto, e tamén ten programiñas que axilizan a subida de imaxes.

Na segunda parte da historia das fotos, está o traballo con elas. Se che sobran os cartos, podes usar o famoso Photoshop (non imaxino nada que non se poda facer con él), pero se eres un pouco máis modesto, a opción a escoller é o GIMP (tampouco se me ocorren cousas que non se poidan facer con él :???:)
Pero para as cousas máis sinxelas, hai opcións ben curiosas coma Photofiltre, que sería algo así coma o competidor do mítico PaintShopPro. E parece bastante potentillo.
Se queres comerte menos o tarro, a min o XnView, deixame facer case todas as cousas que preciso, e é moi sinxeliño de usar.
Para o da xestión en albumes, no disco e todas esas cousas, normalmente a propia cámara trae algún programiña que cumple ben o seu cometido (o ZoomBrowser Ex das Canon está bastante ben) pero os de google, que non fan máis que copar mercado, acaban de mercar Picasa un xestor moi xeitoso (que permite mediante hello e blogger dar soporte de imaxes ás suas bitácoras)

Hai máis… se alguén ten preferencia por algun outro podería suxerir…

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999