Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Agosto 2nd, 2004



02.
Agosto
ás 16:11
16

Tipos de comunicación en Internet

arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral

A maioría da xente usa Internet para ver páxinas web, outra tanta usa o correo electrónico, algunha menos o servicio de chat,… pero hai máis xeitos de comunicación. [Poño entre corchetes, un programa para usar con ese protocolo]

A www, é o xeito común de comunicación por internet. Mediante o protocolo http, é como vemos as páxinas web (coma esta) no noso navegador. [Mozilla Firefox, MS Internet Explorer]

Pop3, imap, smtp,… son protocolos que xestionan o envío e recepción dos correos electrónicos. [Mozilla Thunderbird, MS Outlook]

IRC é o xeito de comunicación nos chats usuais, e ademáis de permitir a comunicación entre varios usuarios en tempo real, permite tamén intercambiar arquivos. [chatZilla, mIRC]

Telnet, un dos primeiros protocolos existentes, sirve para conectarse remotamente a outro ordenador e traballar con él coma se fose o teu propio, dende calquera sitio. [Putty, Hyperterminal]

FTP, é un sistema de transferencia de arquivos, que permite trasladar ficheiros dun ordenador a outro, de xeito moi sinxelo. [FileZilla, LeechFTP]

Mensaxeiros: ICQ, AOL, MSN, Yahoo, Jabber,… Para os mensaxeiros, a medio camiño entre o chat e o correo electrónico, non hai un estandar universal, e cada compañía ten o seu protocolo e xeito de traballo. [Neos, Exodus, MS Messenger, Yahoo Messenger]

P2P: eDonkey/eMule,kazaa,bittorrent,… Tampouco hai un estandar, establecéndose unha comunicación punto a punto sen ordenadores intermedios. [eMule, Shareaza]

News, Gopher, … son outros xeitos menos usados de comunicación, que permiten o acceso a grupos de novas,…

    Etiquetags:




02.
Agosto
ás 13:47
7

Compartindo fotos

arquivado en: Imaxines, Ceros e uns, galEGO, Xeral

Estos días estiven revisando algúns sitios para colgar/compartir fotos pola rede. Hai bastantes servicios gratuitos, moitos deles en inglés, e que teñen características interesantes como a posibilidade de que os visitantes comenten as fotos, ou a dispoñibilidade de ter algún programa que permita subir as fotos sen ser vía web. Pero sin dúbida, o máis importante é a capacidade da que dispoñen, xa que todos sabemos que as fotos, a medida que aumenta o tamaño e a calidade… tamén aumenta o espacio que ocupan en disco.
Entre os sitios que atopei interesantes, están:
Fotos Ya.com: En castelán e con 10 Mb (Gracias Fabián)
Flickr: Permite colgar fotos para usar nun blog (coma Blogger) E ten un programiña para enviar as fotos directamente. Ten 10 MB. de ancho de banda mensual. (Gracias Xisbe)
PictureTrail: Ten un programiña que che permite subir as fotos, sen ter que usar a web. E ofrece 50 MB.
Fotopic: Foi a miña elección, primeiro polos 250 MB que ofrece, despois polos medios para subir fotos, entre eles o ftp, e por último a posibilidade de comentar e o montón de opcións que da para xestionar as fotos.

E finalmente, un servicio curioso, a medio camiño entre as galerías web coma as anteriores, e os programas de intercambio P2P, chámase Pixpo, e é un programiña que permite crear usuarios e intercambiar fotos entre eles, pertencer a comunidades… haberá que botarlle un vistazo máis a fondo, pero parece interesante.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999