Atraveso as terras de toxos e mimosas para chegar ó carballiño, onde nunca estivera antes, para casar a un amigo. Preciosa a igrexa que teñen, e que ó parecer é relativamente nova. O termómetro do coche marca a esas horas preto de 40º
dentro estase ben… pero fora!

E como toda voda… banquete posterior a carón do pai miño que pasa tranquilo por Laias, preto de Ourense. Mágoa que o balneario só sexa para celebrar o banquete, porque ver como paseaba a xente polas piscinas, con este calor, déronme ganas de sair na páxina de sucesos!

Como me gusta reatopar amigos, e ver como as relacións siguen igual, ainda que pasen os anos polo medio… o tempo e a distancia só separa cando un quere!