Arquivos de Agosto, 2004
ás 14:47
Unha tapiña da propia menciña
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
Coas enquisas publicitarias comerciais, non as do estudio xeral de medios, que dou fe que existe (eu tampouco o cría), normalmente acostumo a dar enderezos e datos aleatorios, para tentar ensuxar un pouco as suas bases de datos, e a ver se así me deixan en paz.
Na era dixital, seguimos a ser bombardeados, sobre todo por virus e correo lixo (spam), e gracias a Bicubic, atopo unha solución, ó mellor non moi efectiva, pero polo menos daralles algo a lata.
Pesados!
- Etiquetags:
ás 15:08
E logho ti… de quen ves sendo?
arquivado en: PolÉtica, galEGO, Xeral
Se che apetece facer un test, que valore as túas inclinacións políticas, aquí o tes(t)
A min saiume isto:
Tu ideología política parece ser de….. CENTRO-IZQUIERDA
Eres lo que se dice una persona moderada y progresista a la vez. Algunos de tus planteamientos -quizá en lo social, en lo político- se acercan más hacia la izquierda pero otros, son puro centro. Te preocupas no sólo por tu entorno inmediato, sino por las cosas que te rodean: la educación, las reformas sociales etc.. Eres consciente de los problemas de la sociedad y actúas en consecuencia. Miras las cosas con objetividad y no te entusiasman demasiado las promesas de los políticos.
- Etiquetags:
ás 12:45
Paranoias
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
A teoría do Gran Irmán e todo iso, sempre rondou pola imaxinación colectiva, tivese ou non fundamento. O proxecto Echelon, pode que sexa a punta do iceberg, pero hai cousas máis preto de nós, ás que deberíamos botarlle un ollo.
Os famosos códigos de barras dos productos comerciais, parece ser que teñen os seus días contados. Agora están a desenvolver unha serie de etiquetas-chip que non só gardan información do producto, senón algo máis… que afecta directamente ó noso dereito á intimidade!
Kriptópolis anuncia a saida dunha bitácora sobre o tema, e non está de máis botarlle un ollo de vez en cando.
Como bo galego, eu non creo nas meigas… pero habelas hainas!
- Etiquetags:
ás 22:28
Buscando axuda…
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Moitas veces andamos un pouco perdidos cando temos algún problema (informático). Das primeiras opcións que tomamos é chamar a alguén que sepa máis que nós, ou recurrir a algún chat ou foro, ou ó consabido Google. Vou poñer hoxe algún sitio de interese, onde atopar información ou solucións ós nosos problemas.
-Para os virus:
Pois un bo punto de partida para saber que facer, é Alerta Antivirus, dispón de moita información tanto se xa estás infectado, coma se non. Para o primeiro caso, e se non tes antivirus, podes recurrir á ferramenta Virus Total. Só tes que enviarlle por correo electrónico o arquivo do que desconfías.
-Para a conexión a internet:
Hai bastantes páxinas con axuda sobre a túa conexión (protexela, testeala, configurala,…) algúns sitios de interese son ADSL Ayuda e Banda Ancha, ambos inclúen foros e utilidades variadas, incluso para os routers ou modems que utilices.
-Para os programas:
Se andas a buscar algún programa, Softonic é un punto de partida xenial. Catalogados por temas, e comentados e valorados, atópanse aquí miles de programas sobre todo o imaxinable.
-Para a túa máquina:
Se tes problemas con algún dispositivo, o mellor é recurrir á propia páxina do fabricante. Ethek & Friends, tamén é unha boa páxina
-Para informarse:
Para min, dos mellores sitios de información xeral son Barrapunto, a Asociación de Internautas e Código Cero
Se ainda así non somos quen de atopar información, na canle #ayuda_internet do irc hispano, sempre hai alguén disposto a botar unha man. E en canto ós foros …hai tantos!!!
Cal é o teu sitio recomendado?
- Etiquetags:
ás 20:36
Google na túa lingua
arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, galEGO, Xeral
O xeito de traducción do google, é mediante voluntarios…. como tantas cousas!
Se a alguén lle apetece botar unha man (non queda demasiado), pódese pasar polo Google Translation.
Ó mellor se ven que nos movemos, deciden por fin, tomarnos máis en serio.
- Etiquetags:



ou
ou





