Facebook delicious Flickr Google Reader Jaiku Last.fm LinkedIn Netvibes SlideShare Tumblr Twitter YouTube FeedBurner

Ante todo, seguridade

Entre as ferramentas usuais, para andar medianamente seguro pola rede, coma o antivirus e o cortalumes (firewall). Vou recomendar 4 a maiores que non son de seguridade activa coma os anteriores, senón de seguridade pasiva.
a2 é un protector contra troianos, remarcadores automáticos, … bastante sinxelo e efectivo.
Ad-aware é unha ferramenta semellante, que examina calquera programa sospeitoso.
Spybot S&D é outro dos clásicos, encargado de analizar o teu ordenador, na busca de programas non desexados.
SpywareBlaster engade proteccións tanto ó sistema operativo, coma ós navegadores.
Todos son actualizables en-liña, e non está de máis pasarllos ó equipo cada 10 ou 14 días. Calquera medida de seguridade é pouca!
Por certo, que recomendo usar un navegador serio e que no mesmo día no que se lle atopou unha vulnerabilidade (das poucas!) foi correxida. Ademáis está en galego.
Obviamente, todos son de balde! :wink:

Sinalar tamén o traballo que andan facer os do projecto-oasis, que mentras outros andan tentando copar o mercado dos mensaxeiros en base a asociacións contranatura, eles perfeccionan o seu servicio de mensaxería jabber, podendo usar CALQUERA mensaxeiro dende CALQUERA punto do mundo, con só un navegador. Chapó!

Ares é o deus grego da guerra (o romano é Marte, non?)… e tamén unha pacífica vila mariñeira.
ares

A cova

Ó final da cova vella, viven unha morea de pequenos seres encorvados e deformes, rodeados de xoias, pedras preciosas, moedas de ouro, e unha infinidade máis de tesouros.
cova
Cada vez que alguén tenta entrar na cova, para roubar algunha das pezas que cobiza, perde algún dos seus sentimentos na pequena lagoa que a protexe… a ledicia, o amor, a valentía,…
E así até que perde a conciencia de si mesmo, e permanece eternamente na pequena cova de seres encorvados.