Fai tempo que me apetecía falar dos blogueiros-lectores, sobre o feito de publicar na rede, de ler o que outros publican,…
Tocoulle hoxe, por que tanto periféricos, coma tachola dubidan da súa continuación.
A pregunta de sempre é se un escribe para que o lean, ou polo simple gusto de escribir. O que diga que escribe unha bitácora sen intención de ser lido, minte. Se eu quero escribir cousas, sen intención de que as lea ninguén, teño fermosas libretas na casa que nunca verían a luz do día.
O paso seguinte, é se un está condicionado pola lectura externa. E obviamente sempre o está, outra cousa é que o fin último sexa o lector potencial.
Dous son os xeitos usuais de controlar, quen visita a túa páxina: as estatísticas (É moi sinxelo instalar un xestor, que analice o tráfico da web. Eu persoalmente gusto máis de saber cómo chegou a xente á miña páxina, que o número de visitas, de feito, non sei canta xente visita esta páxina) O outro, máis directo, son os comentarios.
O xeito da interaccion blogueiro-lector é principalmente polos comentarios, eu escribo algo, alguén comenta, resposto,… Considero fundamental este xeito de comunicación, sobre todo para dar a entender “ei! estou aquí, lin o que escribiches, e paréceme…” Ademáis o efecto dominó condicionanos a saber quen é o que che respostou, creando unha cadea que posiblemente perdure no tempo.
Todo isto ven a conto, de que ás veces pasamos polas bitácoras, coma quen le un xornal na sala de espera dun dentista. Deberíamos implicarnos máis. Cada día aparecen novos sitios, con persoas detrais co interese de contar algo, e só o feito de deixar duas palabras, crea o efecto de satisfacción: “ben, polo menos non fago o estúpido neste océano”
Non sei, só pretendía reflexionar, só quería que non desaparecesen as bitácoras que polo menos deron o importante paso de empezar.
Veña Carlos!, ánimo TachOLA!
Fai tempo propuxera un xogo, máis que nada, para probar a ferramenta de protección do WordPress.
Agora, e tras o interese suscitado onte
volvo a xogar e na seguinte anotación, vai a foto sen cortes :cool:.
A palabra chave, que permite vela é o nome da praia á que máis acostumo ir, e que se non lembro mal, foi a primeira en ter fotos nesta bitácora. Non é ningunha das de onte, ollo!