Auto-mi-trato

Seguro que hai moita interesada en saber como son, ala, pois aí vai un retrato do bitacoreiro máis fashion do blogmillo :oops: dorfun para máis información, na sección de contactos desta bitácora :razz:

Como é de ben nacidos, ser agradecidos, é obvio que debo darlle as gracias ós aduaneiros, polos incribles deseños que fan (particularmente a Berto). Por certo, que por fin xa teñen tenda, así que os piratas coma min, xa non teñen excusa para mercarlles directamente!

Praias

Ter amigos pseudo-churfers, ten a ventaxa de non ter que insistir moito para ir á praia :wink:

Algunhas do entorno da terra de trasancos (que non ferrolterra!)

baleo
Baleo

pantin
Pantín

valdoviño
Valdoviño

meiras
Meirás

faro
O faro de Meirás ó fondo (pequeniiiiiiiñooooo)

solpor
Un solpor… como outro calquera

A calidade das imaxes é bastante pésima, debido a dous motivos principais:
Son un fotógrafo pardillo e, de momento, todo vai en automático :oops:
Non quería facer moi pesada a páxina e pasei de fotos tamaño DIN-A4 …a caixa de mistos :wink:
A maiores… as miñas condicións artísticas, ainda están por descubrir :roll: