Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xullo 13th, 2004



13.
Xullo
ás 21:36
2

Por fin… a dorfunteca terá ollos!

arquivado en: Multi-½, Ceros e uns, Xeral

Mágoa que non teña rexistros gráficos do festival, pero a partir de hoxe, a dorfunteca, será algo máis visual.
Finalmente merquei a cámara que tanto agardaba. Tiñaa mirado dende hai tempo, e escollina por:
-A óptica Canon é do mellor que hai
-4 Megapixels son máis que suficientes para un afeccioado
-As tarxetas compact flash de 256 mb están baratas
-O visor LCD extraible é unha ventaxa
-As pilas de 1.5V AA hainas en todo o mundo
-Ten un montón de modos prefabricados… e ademáis é totalmente manual (para cando aprenda :roll:)

Así que agradecerlle ó mellor fotógrafo do mundo (non é broma!) a posibilidade de poder adquirila e abrirlle os ollos a esta bitácora.

Se queres máis opinións.

    Etiquetags:




13.
Xullo
ás 21:27
2

Crónicas do ortegal

arquivado en: galEGO, Xeral

Xa estou de novo… a terapia de sopiñas e caldos limpos… :wink: (hai un mercado alimenticio en alza por descubrir, no mundo do campismo salvaxe)
Ortigueira chegou á masa crítica: non houbo máis xente que o ano pasado… pero había moita; non foron mellores os concertos que o ano pasado… pero foron moi bos; e a loxística do festival funcionou… que xa é moito!

A chegada o venres, ameazaba saturación e pelexa de cóbados, á hora de desplazarse dende o aparcamento de Cuiña até o camping, nos 5 buses articulados (urbans da coruña)… pero non foi así, e no primeiro intento entramos todos… como puidemos.
Morouzos estaba cheo, pero ainda así sempre queda algún sitio (será por monte!!!) Un, que xa tiña enviada a avanzadilla, chegou con todo xa feito :mrgreen:
Esa noite a verdade só tiña interés por Kila (todo o mundo fala ben deles) e disfrutei… da última canción :sad: (non se pode estar á festa e máis á música!) Ós cempés xa os teño moi vistos, e ainda por riba, non os vin eu moi lucidos que digamos, teñen estado máis festeiros outras veces.
O sábado xa aproveitamos todos os concertos, Karma moi ben, Capercaille fantásticos, La Bottine incribles, e Susana… que vou dicir de Susana! Lamentablemente os problemas de son, foron numerosos dende chasquidos que non se sabía de onde saian até micros que non recollían ningún son. Até Susana se queixou!
E o último día, para min foi o mellor. Mira que eu non son fan do Nuñez (son do Budiño) nin tampouco gran admirador dos Chieftains, pero debo recoñecer que foi o concerto máis espectacular e completo de todos, pese a ser probablemente o menos multitudinario (a ameaza do luns está próxima)
Pois iso, que en xeral Ortigueira nin mellora nin empeora, mantense cun notable alto.
Moita xente de fora, (alén do telón do grelo) moi bo rollo, moita festa e o domingo ainda se prestou o sol para concedernos praia.
Mágoa ter que agardar 363 días até o vindeiro festival!

Máis blogalegos no festival:
http://www.livejournal.com/users/arredor/53688.html
http://ortigalf.blogspot.com/2004/07/xa-pasou-o-festival.html

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999