Mire perdoe…

49th Xul 2004galEgo, Xeral

-Mire perdoe, o tren que non leva a ningún sitio
-Si, para aquí, pero hoxe ven con retraso… debe haber moita xente para collelo.
-Xa, será o tempo. En días así, todo o mundo anda con ganas de viaxar nel.
-Non creas, sempre leva moita xente, pero hai tempadas nas que deberían poñer reforzos.
-E vostede tamén vai nel?
-Si, pero igual xa me baixo na próxima.
-Eu non sei se baixarme, din que se está a gusto nel…
-Os primeiros días, logo xa te cuspe él só fora.

[fuuuuuu!, fuuuuu!, fuuuuu!]

-Ei! xa ven aí

4 Comments Feed de comentarios

  1. caladinha (9 Xullo, 2004, 18:13).

    Eu subo na próxima, sempre preto da xanela, gústame ir vendo pasar os non-lugares.

  2. dorfun (9 Xullo, 2004, 18:30).

    mmm …entón ti, es a da mochila de cores infinitas …sempre quixen saber qué levaba! …como parecía que vixiabas quen te vía cando a abrías…

  3. Xosé Antón (10 Xullo, 2004, 14:44).

    Eu tamen son asiduo cliente de ese tren…

  4. Paco Penas de Dorvisou (12 Xullo, 2004, 23:55).

    Cando era neno sempre me decía a avoa que se alguén me perguntaba para onde ía lle respostara que para ningures.
    Na minha aldea non pasaba o tren nen o castromil. Íamos a pé ou na burra.
    Un saúdo.:wink:

Add a Comment