Chamada para o Cuco
O Cuco, acostumaba a pousarse todos os días na antena nova de telefonía que puxeran no souto aquel inverno.
Ós veciños dicíalles que era polo ronroneo que sentía dende alí enriba, e máis as marabillosas vistas, que levaban dende o río pequeno ó carballo vello… pero todos sabian que era para escoitar falar á xente.
-María, sí, así como te lo digo… Que vá, si él te está casado… Pues a las tantas, lo sintió la del segundo…
-Mire Carballo, estou moi canso das excusas de sempre… Pois o martes ten que estar listo, e se non está, vaia buscando choio noutra parte…
O problema veu cando un día escoitou chamar por él:
-Cuco? Cuco, estás aí?



O padriño ensinoume a chamar polos cucos.
Cando oes o cuco debes dicirlles.
- Cucú, Cucú, tapa o cu.
E eles responden.
- Tapa o teu.
Oín a resposta do cuco tantas veces, que non me atrevería a asegurar que fose a imaxinación dunha nena
…a miña avoa debeu ir á mesma escola que o teu padriño
O meu avo decía que o kuko cantaba:
¿fuches a feira?
-fun, fun
¿viches o porto?
-vin, vin,
chus…:oops:
Agardamos pola crónica de Ortigueira…