Pucca

Seguro que a Pucca a coñecerán algúns, de tela visto en todo tipo de accesorios (bolsos, chaveiros, pegatinas,…) ou mesmo na tele, nas divertidas animacións. Eu debo recoñecer, que estou enghanchado… non sei, faime gracia, gústame a estética.
É unha rapariga, filla dun cociñeiro chinés, que está perdidamente namorada de Garu, unha especie de ninja, que é capaz de desfacerse de calquera enemigo… agás da porfiante Pucca.
Toda esta parafernalia está deseñada pola xente de vooz, que ademáis da vida destas personaxes, dan conta de outras, se cadra, ainda máis aloucadas…