Esteiro de bares

35th Xul 2004galEgo, Xeral

Fantásticos os 5 días de acampada en Esteiro de Bares, a medio camiño entre Ortigueira e Viveiro (moi pretiño do Barqueiro) Unha praia, de apariencia salvaxe e con vistas ó noroeste, de area fina… e ben cheiña de chapapote :evil:
A vida diurna, baixo un sol abafante e rodeados de ponferradinos, foi fantástica, con intentos fallidos de pesca (as ilusións eran moitas, as capacidades modestas, e os resultados nefastos).
E a vida nocturna, baixo unha xeada do demo e coa B.S.O. do mar ó fondo, construiu noites de parrafada e licorka inesquecibles.
De todo, o que máis apreciei, foi a descuberta dunha pequena cala, na que ainda puiden degustar ostras ó natural, cunhas gotas de limón… pero non llo digades a ninguén.

3 Comments Feed de comentarios

  1. xisbe (6 Xullo, 2004, 17:34).

    Non sei se viste alguén facer bodyboard, meu irmao acostuma ir até ahí aos sábados. Un saudo.

  2. dorfun (6 Xullo, 2004, 18:43).

    …pois pode ser, pero facía un maretón de mil demonios… (en linguaxe churfeira, estaba bastante desordeado e había moito troncho con sifonazo do terror :roll: )

  3. order phentermine (12 Abril, 2006, 17:16).

    order phentermine…

    order phentermine…

Add a Comment