Fantásticos os 5 días de acampada en Esteiro de Bares, a medio camiño entre Ortigueira e Viveiro (moi pretiño do Barqueiro) Unha praia, de apariencia salvaxe e con vistas ó noroeste, de area fina… e ben cheiña de chapapote ![]()
A vida diurna, baixo un sol abafante e rodeados de ponferradinos, foi fantástica, con intentos fallidos de pesca (as ilusións eran moitas, as capacidades modestas, e os resultados nefastos).
E a vida nocturna, baixo unha xeada do demo e coa B.S.O. do mar ó fondo, construiu noites de parrafada e licorka inesquecibles.
De todo, o que máis apreciei, foi a descuberta dunha pequena cala, na que ainda puiden degustar ostras ó natural, cunhas gotas de limón… pero non llo digades a ninguén.