Arquivos de Xullo, 2004
ás 16:26
Distribucións Linux
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
Ando probando novas distribucións GNU/Linux.
Empecei trasteando con slackware fai casi 8 anos, daquela era bastante complicado conseguir que funcionase… pero era como máis se aprendía. Hoxe en día se todo cho dan feito non aprendes nada.
Ainda así, agradécese que as novas distribucións sexan casi automáticas á hora de instalarse.
Na última coa que máis trasteei, foi a Debian Woody, todo un mundo para ferrexar, aprender, estropear, resolver,…
As tentacións da Mandrake e a Fedora son grandes, pero teñen un non-sei-que que non me convence, ainda así, ambas son moi sinxelas de instalar e van moi ben.
E finalmente tanto a Gnix (que non dou feito funcionar ben de todo!) e máis a Knoppix, estanme a convencer bastante, máis que nada, polo feito de non precisar instalación ningunha. Só poñer o CD e ala!
Á variante Gentoo, téñolle medo, máis que nada polo feito de ter que compilar as cousas e todo iso, a ver se un día de estos…
Se alguén lle apetece probar distribucións de linux, recoméndolles 2 cousas:
- Crear unha partición no disco (sobre 5 GB. está ben) exclusiva para ela e máis outra de swap/intercambio (250 Mb. máis ou menos). Co Partition Manager ou similar.
- Usar un cargador de inicio coma o Smart Boot Manager e asegurarse de que a distribución vai arrincar dende a partición e non dende o MBR. Así non haberá problemas nin pelexas, nin erros, entre Windows e GNU/Linux
Ainda así usar GNU/Linux, sigue precisando duns certos coñecementos técnicos… se alguén quere axuda xa sabe! ![]()
- Etiquetags:
ás 12:07
Fotos
arquivado en: Imaxines, galEGO, Xeral
Ben, pois xa colguei na rede algunhas das fotos, que ó meu parecer, mellor me quedaron
Pódense visitar neste enderezo, e as críticas… nos comentarios
A ver se pillo dunha vez a historia da luz… fotografiar ó sol é jodido!
Actualización Despois de revisar por aí, a parte de usar o servicio de Canon (hai que gastalo que seguro que mo cobraron :twisted:) creei unha galería virtual de fotos, na páxina de Fotopic, na que ademáis de estar bastante curradas as opcións, dan 250 MB. e un subdominio para ti… no meu caso dorfun.fotopic.net (para variar :wink:)
- Etiquetags:
ás 11:54
O bicho 2
arquivado en: Ceros e uns, Xeral
Mecar un ordenador non é nada sinxelo. Pero eu daría dúas condicións prioritarias:
- Agarda para mercalo, até que realmente o precises. As compoñentes informáticas son das que máis se devaluan co paso do tempo, un minuto despois de comprar o teu equipo, xa será máis barato do que che custou.
- Merca xusto o que precises, pero con vistas ó futuro. Mercar o último do mercado só che fai gastar moitos cartos, obtendo un equipo que, igualmente, se fará vello en relativamente pouco tempo.
En base a isto, persoalmente recomendo mercar unha boa placa base, con vistas á posible ampliación futura. Non fai falla que incorpore as últimas tecnoloxías, pero sí que soporte procesadores de maior velocidade que o que vas mercar. Escolle un procesador medio, sen que sexa o máis baixo nin o máis alto da gama. Pensa que hoxe en día, salvo en procesos de cálculo intensivo (tratamento de imaxes/video, xogos de última xeración,…) para navegar por internet, e facer os teus documentos de texto, o peor dos procesadores que se venden hoxe en día, vai máis que sobrado. Non escatimes memoria, hoxe en día 512 MB. é máis que suficiente. Normalmente as tarxetas de son xa veñen incluidas na placa, ó igual que a tarxeta de rede, pero en calquera caso, salvo que te adiques ó son, para escoitar a túa música sen grandes florituras, calquera vale. As tarxetas gráficas, repartese entre as que teñen procesadores de ATI e nVidia. A elección depende dos cartos que queiras invertir, pero que o chip sexa coma mínimo unha Radeon 9200 no caso das ATI e FX5200 no caso das nVidia.
Sobre as marcas, a única ventaxa que atoparás, será o respaldo dunha empresa coñecida, que che facilitará a actualización de drivers, firmwares,… a cambio dun precio algo superior. Non está mal escollelas, se queres curarte en saude á hora de incompatibilidades e problemiñas.
- Etiquetags:
ás 15:16
Bloga, bloga, mariñeiro! Parte 3
arquivado en: Ciberlingua, galEGO, Xeral
(sigue a historia, que ven dende aquí, e que TI deberías continuar)
Rápido! Rápido! Que se nos vai das máns!!!
bip…bip… bip…
Perdeu moito sanque e ten un pulso feble, pero ainda…
bip… bip… bip…
Pois non sei, todo foi moi rápido, sentín a freada, e logo xa…
bip… bip… bip…
Ti aténdelle a ese, veña!
bip… bip… bip…
Si central, un turismo branco sen identificar marca, pero debería ter…
bip… bip… bip…
O fío eléctrico que tanto serve para unir ás persoas, como a aillalas para sempre, foi o último que lembrou, tamén unha voz sen nome que retumba na cabeza, familiar… pero que non quere oir.
A asepsia que inunda os hospitais é só unha forma de tentar neutralizar os sentimentos que se viven no seu interior, e manter aillados a aqueles que nos fan dano. Pero non evitan a presencia de moitos outros, que abren feridas onde os médicos pouco poden facer.
Cando entrou pola porta, levaba tempo durmido. Nese estado, a metade do camiño entre o inducido pola anestesia e o cansancio e necesidade natural. Por iso, cando espertou, non soubo das horas que permanecera sentada, diante del, ollandoo, preguntándose, e na que máis dunha vez desexou poñerse en pé, e desaparecer.
Bo día -dixo, agora xa era tarde, e pese a todo, agradecía non terse ido- por dicir algo…
O xesto de indiferencia e curiosidade, sorpendeuna no primeiro momento.
- Etiquetags:
ás 12:09
Nova Blogaliza… nova RadioGaliza…
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
O señor goretoxo, anda a refacer a nova blogaliza… e a cousa promete!
Que dará de sí a comunidade?
Na nova blogaliza todos somos un… e temos un sitio para todos!
Tamén nace RadioGaliza a radio de/para tod@s!
O xeito máis sinxelo de oila é, primeiro descargar o winamp e logo co botón dereito sobre él, Abrir -> URL e pegar éste enderezo, e aceptar!
Na rede, letra e son para espallar…
- Etiquetags:



ou
ou





