Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xuño 14th, 2004



14.
Xuño
ás 22:43
3

Copiar

arquivado en: Multi-½, Ceros e uns, Xeral

Os orientais teñen fama de ser bos copiadores, sempre dicimos que nós inventamos e eles copian e melloran… ben, pode ser…

Pero hai cousas nas que nós deberíamoslles copiar a eles. Coma na animación (anime). Ultimamente teño interese polas series de anime. As épocas de Heidi están moi lonxe e tamén Dragon Ball, e sucedaneos modernos (bueno ainda se resiste Shin Chan)

Non son un experto no tema, pero empezo a interesarme por Akira (coma todos!) e logo van caendo Ghost in the Shell, Ninja Scroll, Mi vecino Totoro, Porco Rosso, La princesa Mononoke, El viaje de Chihiro, son tantos!!!

Se alguén sabe de algo que non deba perderme, que me avise.

    Etiquetags:




14.
Xuño
ás 22:01
0

Teoría e praxe

arquivado en: Ciberlingua, galEGO, Xeral

De novo tiña unha teoría: A poesía é moi sinxela, só hai que unir un feixe de palabras descoñecidas ordeadas en frases pedantes.
Desa teoría resultaron, fai moitos anos (quen volvera!), cousas coma…

Matinacións desafortunadas
Foi en todos sitios, cando nunca collín nada.
Pousei a vida e espallei a risa pola inquedanza.
Lembrei o olvido pero esvaroume do ego.
Recollino sen tocalo, pero tocando o collido.
E prendín o sol de camiño á utopía.
Firmei coa fala, máis a tinta non borraba.
Fuxín arrastrándome para non facer nada.
Pegáronme con liberdade sen ningunha compaixón.
De súpeto escaparon esquecendo a riqueza.
Voltei amodo a ningún sitio.
E agora que xa non vivo, recordo o esquecido
e río chorando por estas matinacións desafortunadas.

Despois coñecín a Rafa, Olga, Eduardo,… e a cousa cambiou…

Ainda así houbo alguén ó que lle gustou o de antes :shock: a min faime gracia!

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999