Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xuño 10th, 2004



10.
Xuño
ás 19:43
5

Por fin o XP en galego!!!

arquivado en: Ceros e uns, Ciberlingua, galEGO, Xeral

Permítome copiar un correo electrónico (gracias Nel!):

Xa se pode descargar a interface de tradución para o galego do Windows XP dende aquí, onde se
indican as instrucións precisas para o facer.

Algunhas consideracións técnicas importantes que hai que ter en conta son as seguintes:

* A interface débese instalar só sobre Windows XP Professional ou Home Edition na súa versión en castelán. Non se pode instalar sobre Windows XP Professional ou Home Edition noutro idioma diferente do castelán.

A interface non é un produto completo. Partes do sistema operativo non serán traducidas, entre elas áchanse:
* Windows Movie Maker.
* Windows Messenger.
* Centro de axuda e soporte técnico.
* Os xogos en internet.

A tradución do paquete Office tampouco está aínda ultimada para a súa descarga.

    Etiquetags:




10.
Xuño
ás 12:33
0

Cine e música

arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral

A relación entre o cine e a música, ás veces, non sei se é de simbiose ou parasitismo. Pero gracias a unha descubro a outra e viceversa.

A miña primeira relación, creo que saiu de Lisbon Story. Igual xa os tiña escoitado antes, pero foi con esa película onde me namorei.
Pero eu gusto de ter varias parellas, así que non me resignei só con esta, ainda que non a abandonei… nin a abandonarei!
Sempre fun fan de Mike, incluso antes de saber dos seus medos, e con Blade Runner, tentaron seducirme… pero non o conseguiron.

Polo medio pasaron moitas parellas inseparables: Tim e Danny, George/Steven e John,…
E tamén tolos solitarios, frikis, colgados, namoradizos, …

Dos meus últimos e mellores descubrimentos está o inconfundible Yann. Ela non é a mesma sen él e él non é o mesmo sen ela… deliciosos ambos!

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999