Arquivos de Xuño 8th, 2004
ás 20:37
Gracias Reagan!
arquivado en: Multi-½, galEGO, Xeral
Estos días hai certo desconcerto coa morte de Ronald Reagan, que se foi bo, que se foi malo…
Eu quero rendirlle unha homenaxe por todo o que se fixo por él e a conta del, dende que deixou a presidencia.
Todas as doenzas son malas, normalmente para os enfermos, noutras para os familiares. No Alzheimer a peor parte non quero dicir quen a leva.
Un bico a todos esos avos e avoas, que non saben quen llos da, pero que miran para ti coa inocencia de quen se sinte avergoñado por non saber corresponder. Unha caricia para esas persoas que teñen grabado no libro da memoria toda a túa vida, pero non son quen de poder pasar as follas e ler. E un mundo de forza, esperanza, serenidade e paciencia para quenes están ó seu carón, comendo as bágoas cada día e hipotecando a súa ledicia mentras agarda polo milagre que nunca chega.
- Etiquetags:
ás 10:47
Patentar a vida
arquivado en: Ceros e uns, galEGO, Xeral
…microsoft patenta o doble clic do rato, mcafee o anti-correo basura, oracle o sistema de publicación das bitácoras… pois postos a patentar… a patentalo todo!!!
Eu dende aquí quixera patentar a vida… e ofrecerlla ós milleiros de escritores de auténticos cadernos de bitácora… que abren e pechan as súas follas, segundo o sentido das mareas…
- Etiquetags:



ou
ou





