Esta web apoia a iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Ir ó principio inicio escríbeme! sindicaci;ón Ir ó final


Arquivos de Xuño 4th, 2004



04.
Xuño
ás 20:55
0

Coincidencias

arquivado en: galEGO, Xeral

A primeira exaltación do aghropop-art liderada por paleon e caladinha xa está en marcha, e ten data: O 18 de xuño na Casa das Crechas en Compostela. Máis información ó final da páxina de María. Promete!!! :mrgreen:

Por outra banda coincidencia inquedante :roll: a que lle pasa ó señor Grueiro na súa web, a quen non só lle desapareceron as anotacións senón que as referencias a Jenna Bush que fixera e gardara google, non están nin na caché!!! :shock:

¿quen anda aí?

    Etiquetags:




04.
Xuño
ás 13:52
4

De Faraóns

arquivado en: PolÉtica, Ceros e uns, Xeral

O outro día Torek amosaba unha ligazón para escribir o teu nome en exipcio faraónico, e hoxe fai unha fantástica explicación sobre as orixes da redescuberta desa lingua. Merece a pena botarlle unha ollada.

Esta é a dorfunteca exipicia…adorfuntecaexipcia

Por certo, que estamos en tempos de eleccións, e os faraóns, andan de palique polas televisións. Da gusto ver que ben se expresan, e a cantidade de boas ideas que teñen algúns deles… mágoa que só as expresen diante dunha cámara. A todo esto, que persoal e estéticamente, tal vez me guste máis o da europa dos pobos que os pobos da europa (¿tanto monta, monta tanto? :roll:)
Tamén están a encher os nosos buzóns de propaganda. Os do bloque, mandaron cartas a todos os da miña casa agás a min!… que non precisan convencerme. Gústame que non desperdicien papel.

    Etiquetags:






Arquivos: 1 2 3 ... 999999