Arquivos de Xuño 2nd, 2004
ás 21:13
argh!
arquivado en: Xeral
¿¡¿¡alguén me pode explicar porqué o anuncio da eurocopa de Puyol está en catalán e o de Luque en castelán!?!?…e agora van e repatrían a Michel Salgado!
…menos mal que non me gusta o futbol!
Están ghillados estes do aghropop-art… teño un chinero na casa, e vouno forrar con tarxetas prepago, e dicirlle á miña avoa que colghe a roupa en cables de fibra óptica,…
- Etiquetags:
ás 19:20
Delibros
arquivado en: Multi-½, PolÉtica, galEGO, Xeral
Ultimamente a meu pai estalle dando compulsivamente pola xeografía. Primeiro contentouse cun mapa-puzzle, e agora tiven que buscarlle un libro con datos xeopolíticos. O gañador foi El estado del mundo, unha mini-enciclopedia de peto chea de datos, e da que seguro que non chega a ler nin o 10%. Por certo que nela califican a Coalición Canaria de nacionalista e ó BNG de esquerdas.
Esta mañá estiven nunha librería de segunda man, e non puiden resistir mercar unha primeira edición (a laranxa!!!) de O misterio das badaladas. Tamén andaban por alí O segredo da pedra figueira, A chave das noces, Das cousas de Ramón Lamote,… e o zoo do Pitus
De pequeno tiven a sorte de vivir rodeado de libros, non por influencia dos meus pais, nin do colexio,… foi motivada pola mellor biblioteca e bibliotecaria do mundo (…vaia, ainda conservan os datos vellos!). Boto de menos cando faciamos as obras de teatro e monicreques, facíamos de pequenos críticos literarios, a nosa revista grup…teca!,… Moitas gracias Macamen.
(…non sei como seguir)
- Etiquetags:



ou
ou





